Posto: Persoal para o servizo de información turística
Requisitos de titulación:
O persoal que preste os servizos de información e atención turística deberá contar con algunha das seguintes titulacións:
- Grao en Turismo ou equivalente( MECES nivel 2 do Marco Español de Cualificacións para a Educación Superior e nivel 6 do Marco Europeo de Cualificacións EQF)
-Ciclo Superior en Guía, Información e Asistencias Turísticas ou equivalente ( referente europeo. CINE -5b).
-Certificado de profesionalidade e promoción turística local e información ao visitante (Código HOTI0108 e HOT 336_3).
Funcións principais:
· Atención ás persoas visitantes.
· Facilitar información turística por distintas vías: presencial, telefónica, correo electrónico, web, etc.
· Comercialización dos produtos turísticos.
· Organización de visitas aos recursos turísticos.
· Seguimento estatístico das visitas ao punto de información turística.
· Realización de funcións administrativas internas: rexistro de usuarios/as, catalogación de folletos turísticos, solicitudes de material informativo, entre outras.
· Organización de stands de turismo en feiras e asistencia ás mesmas.
· Xestión da información turística e dos servizos dispoñibles para persoas peregrinas.
· Difusión da información turística a outras entidades, sectores da poboación e axentes interesados.
· Actualización da información turística na páxina web.
· Coordinación con outros departamentos do concello para a difusión de información turística en eventos especiais ou programas.
· Coordinación do grupo de voluntariado turístico.
· Colaboración en proxectos de promoción turística do municipio.
- Idiomas requiridos
Ademais deberán de estar en posesión, como mínimo, dos seguintes niveis de idiomas:
Galego: CELGA 4.
Inglés: B2
Horario previsto:
- O servizo prestarase dende o 1 de xullo a o 30 de setembro de 2026, ambos incluídos.
-Os días e horario de apertura serán:
Martes a sábados ( non festivos) de 11.00 h a 14:30 h e de 17:30 h a 20:30 h.
Domingos e festivos de 11:00 h a 14:30 h.
Duración prevista do contrato:
Do 1 xullo de 2026 ao 31 de setembro de 2026.
Ubicación del trabajo: Empleo presencial